- Rock / Punk / Heavy metal



Agoraphobia

Ata fai pouco era un quinteto, formado por Susana, Aislinn, Sabela, Lucía e Paula, pero Aislinn deixou o grupo. Foi ela, xunto con Susana, que comezaron a xuntarse e a tocar rock e punk cando estudiaban no instituto. Gravan unha maqueta, e despois dun tempo de parón volven como quinteto e conservando o nome. A banda tal e como a coñecemos surxe no 2013, cando son gañadoras de premios para bandas noveles, coma o Vodafone Yu: Music Talent, que as impulsan a xirar con Russian Red, Delorean, Lori Meyers...Un ano máis tarde sacan Dirty Little Things, e comezan a tocar fora (comezando polo South by Southwest de Texas). No 2015 presentan Ready to play, e actualmente seguen a xirar por todo o mundo. 

Máis información no bandcamp e no facebook.  



--------------------------------------------------------------------------------------
Alicia, de Barbarian Prophecies.

Incorpórase á banda de death metal lucense no ano 2014, co que grava Remains of existence. Tamén forma parte do colectivo Mulleres Galegas Kañeras.


Máis información na web e no facebook




--------------------------------------------------------------------------------------
Audrey Lutwidge, de Rottentown



Ela é a frontwoman da banda, creada polo guitarrista Jack Steel no 2015. É a baixista e a vocalista. Unha vez formado o grupo gravan un EP chamado Blood’s Not Enough, pero despois paran. Dous anos máis tarde reaparecen de novo, con novo guitarrista e novo batería, cos que comezan a traballar no seu seguinte EP, Victims of Nothing.


Máis información no facebook




--------------------------------------------------------------------------------------


Bala

Como elas mesmas din, Bala naceu co único propósito de facer moito ruido. Un dúo composto por V (batería e voces) e Anx (guitarra e voces), son difíciles de encaixar nunha única etiqueta, na súa web pódese ler alternative-grunge-punk-stoner-rock. O seu primeiro traballo, Human Flesh, esgotouse e reeditouse, e agora presentan o seu último disco titulado Lume en salas e festivais nacionais e internacionais. 

Máis información na web e no facebook



--------------------------------------------------------------------------------------

Carla de Figueredo, de The Hellbuckers


--------------------------------------------------------------------------------------


Daria, de Bento Veloso & Los Doce Trinches



--------------------------------------------------------------------------------------

Furious Monkey House


--------------------------------------------------------------------------------------

Haras, de Galiryon


--------------------------------------------------------------------------------------

Inés, de Apart

Inés Blanco é a vocalista do grupo de rock de Carballo (A Coruña) Apart. 

Máis información no facebook


--------------------------------------------------------------------------------------
Iria, de Blackseed



--------------------------------------------------------------------------------------

Iria, de Magical Colors

Iria é a baixista do grupo de Vilalba (Lugo) Magical Colors. Unha banda que se inspira na música americana dos 60 e 70, entre o rock, o folk americano e a psicodelia. 

Máis información no facebook


--------------------------------------------------------------------------------------
Laura Villar, de Grima



--------------------------------------------------------------------------------------

Laura Romero, de Zënzar


Dende febreiro do 2016 é a baixista da banda máis veterana do punk-rock galego, Zënzar, sustituíndo a Tabe (membro fundador). Xa tocara anteriormente na banda salmantina The Coy Kois e en Ordes con Velvet Rain. Da súa experiencia como música en diversos festivais e concertos e como ilustradora creou un ano máis tarde a serie Músicas Galegas Ilustradas. 

Máis información no facebook 


--------------------------------------------------------------------------------------

Laura Solla

A guitarrista pontevedresa Laura Solla tocou en múltiples bandas, coma Fifty Fifty Blues Band, 1000 Demonios Blues BandSugar Mountain ou Voltage. Forma parte da mítica banda dos 80 Immaculate Fools e tamén a podemos ver con The Funkless, un grupo galego que versiona ó estilo funk a discografía dos Beatles e que están a tocar por salas nacionais e internacionais. 

Máis información na web


--------------------------------------------------------------------------------------
Lorena, de Tu Mujer Nos Engaña



--------------------------------------------------------------------------------------

Lucía da Fonte, de Ith

Lucía da Fonte é a poderosa voz do grupo de rock de Xanceda (A Coruña) Ith, e tamén forma parte do dúo João Alberto e Lucía da Fonte. Leva cantando en bandas desde os 15 anos e formándose con profesores de moitos estilos (Paloma Suanzes, Carmen Rey, Ramón Bermejo...), aínda o que máis lle interesa é o rock. Forma parte do colectivo Mulleres Galegas Kañeras, coordinado por Patty Castro e é investigadora no eido da cantoterapia e didáctica do canto. 

Máis información no facebook e na web.


--------------------------------------------------------------------------------------

Noe Black

Inspirada na música rock e a estética dos ´50, lidera a banda Noe Black & The Bang Band, cantando e tocando o ukelele.  

Máis información no facebook


--------------------------------------------------------------------------------------
Elena e Marina, de Nuada



--------------------------------------------------------------------------------------

Paris Lakryma

A batería Paris forma parte das bandas Rock´Nazo e Calle del Ruido. Membro do colectivo Mulleres Galegas Kañeras. 

--------------------------------------------------------------------------------------

Patty Castro

A vocalista, de Vilagarcía de Arousa, forma parte actualmente da banda Rock´Nazo. É a coordinadora e a creadora do colectivo Mulleres Galegas Kañeras

O Proxecto MGK pretende dar visibilidade ás artistas galegas na música rock, heavy e metal que se fai nesta terra. A elas, ós seus grupos e proxectos persoais, potenciando e reivindicando a figura da muller dentro deste ámbito musical.

Máis información no facebook


--------------------------------------------------------------------------------------
Sonia Albor

Sonia, de Ourense, é batería e actualmente forma parte da Batukada Feminista Tamborililás. Tocou en diversas bandas de brutal death metal (coma Detestor, Unnatural ou Fermento), un estilo extremo onde apenas hai mulleres músicas. 

--------------------------------------------------------------------------------------

Susi, de Motherseed

A banda viguesa Motherseed está influenciada polo rock clásico dos 60 e 70. O grupo fai rock con toques psicodélicos propia da época, e na que é vocalista Susi.

Máis información no facebook


--------------------------------------------------------------------------------------
Teté Delgado, Teté y Los Ciclones



--------------------------------------------------------------------------------------

Thais, de Supernatural


--------------------------------------------------------------------------------------