- Ska / Reggae / Mestizaxe



Marta (Chotokoeu)

A banda surxe no 2007 da unión de varios percusionistas, á que se foron achegando outros músicos. Marta é vocalista e violinista. A súa música, cargada de bo rollo, bebe de moitas culturas, dende a galega e a flamenca ata a árabe, e por suposto da música contemporánea. Teñen editados dous traballos: o primeiro, Chotokoeu, do 2008, e Saír a voar do 2015. 

Máis información no facebook e na web

--------------------------------------------------------------------------------------

Sabela e Vane (A Compañía do Ruído)

Sabela Olivares (gaita, percusión e coros) e Vane Pérez (baile, percusión e coros) forman parte dunha banda que xa leva 6 discos ás costas. O primeiro, Só existe ruído, do 2003, e o último, titulado Pensares Galegos, publicado dez anos despois.  A súa  música é unha mestura de varias culturas e a sonoridade dos instrumentos tradicionais galegos. Como eles mesmos describen nas redes sociais: música, baile, retranca, e divertimento son os eixes principais do espectáculo.

Máis información no facebook.

--------------------------------------------------------------------------------------
Zaraida (Maskarpone)

A música da banda de Ourense Maskarpone, na que é vocalista Zaraida Moreno, está moi influenciada pola cultura popular galega e o reggae, dándolle o seu toque persoal con outros instrumentos coma o baixo ou a guitarra eléctrica. 

Máis información no facebook e na web

--------------------------------------------------------------------------------------

Cris Asenjo (O Sonoro Maxín)

Cris Asenjo é a acordeonista de O Sonoro Maxín, ou o tropicalismo galego, como eles describen. Unha banda composta por músicos moi veteranos procedentes de diversos grupos. A súa música é cumbia, pero cumbia galega, que fala da súa terra (Ourense), das tradicións (o noso Entroido non é Carnaval) e da festa. 

Máis información no facebook e na web.

--------------------------------------------------------------------------------------


María e Tanja (Banda Xangai)

O Shanghái era o mítico tren que transportaba ós galegos que ían traballar a Barcelona, un traxecto que nos `50 levaba unhas 36h e no que se producía un intercambio das culturas atlántica e mediterránea. A banda, formada por músicos moi importantes para a cultura galega (Xurxo Souto, Pulpiño Viascón, Antón Díaz Papaqueixos...) toma ese nome para bautizala. A Banda Xangai, que se reúne na Coruña, conta con diversas colaboracións, mais a trompetista María e a saxofonista Tanja son as que sempre están sobre o escenario. A súa influencia ven principalmente do movemento bravú.

Máis información no facebook