- Pop / Indie

Xiana e Olalla (Atrás Tigre)

Xiana Arias, baixo e voces, e Olalla Cociña, teclado e voces, son a metade do cuarteto compostelán Atrás Tigre, catalogado como jangle pop. O seu primeiro traballo titúlase Fainos saír

Máis información no facebook e na web

--------------------------------------------------------------------------------------
Sílvia Rábade (Escuchando Elefantes)

Escuchando Elefantes é un dúo que que publicou o seu primeiro álbum no 2012. Unha das súas características, ademáis da forza que transmiten sobre o escenario, é o intercambio de instrumentos que comezaron a facer a partir do 2016 (ano no que sacan Hope, o seu último traballo). Polo tanto, aínda que estea ilustrada na batería, a Sílvia pódese ver tamén antando, tocando a guitarra ou o ukelele.

Máis información na web e no facebook

--------------------------------------------------------------------------------------
Inés Mirás e Elba (Ivy Moon)

Inés Mirás (baixo, voces, violín) e Elba Souto (voz principal, guitarra, violín) son a metade do cuarteto de Santiago. Teñen un estilo moi particular, acentuado pola voz aguda de Elba. Foron os gañadores do certame nacional Imagine, o que os levou a representar a España en Zagreb (Croacia).

Máis información no facebook

--------------------------------------------------------------------------------------


La La La Lee (Oh Ayatollah!)

A banda de Compostela levan o rosa por bandeira e fan pop. Así de breve é a súa descripción nas redes. O seu primeiro LP titúlase Volve a canción protesta e é do 2017. 

Máis información no facebook e na web
--------------------------------------------------------------------------------------
Andrea e Valeria (Say my Name)

Formada por cinco músicos, a banda coruñesa comezou, como tal, no 2013, aínda que xa había un proxecto de grupo desde tres anos antes. Andrea de Artaza é a vocalista e unha das persoas que estaban nese proxecto do 2010, e Valeria Rubal sumóuse á batería tres anos despois. 

Máis información no facebook.
--------------------------------------------------------------------------------------
Olalla, Sheila e Patricia (La Senda de Afra)

A banda coruñesa está formada por Olalla (batería), Sheila (voz e guitarra), Patricia (baixo) e Ricky á guitarra. Gañaron concursos coma o Nordés, Beefeater London Sessions, Querostar e Noroeste Pop Rock.

Máis información no facebook e na web.
--------------------------------------------------------------------------------------

Isa Cea (Triángulo de Amor Bizarro)

Triángulo de Amor Bizarro é unha banda de Boiro (na que Isa é baixista e vocalista) que pasou en poucos meses do anonimato a ser unha das bandas máis recomendadas e imprescindibles do indie-rock nacional e internacional. O seu primeiro disco é do 2007 e seguen a ser imprescindibles e ben acollidos pola crítica e polo público. 

Máis información no facebook e na web.